Arquitectura civil, pazos Pazo de Rubiáns


Pazo de Rubianes - Imagen 1

Descripción


Desde o Pazo de Rubiáns ofrecemos a posibilidade de coñecer un xardín histórico de Galicia onde destaca como gran protagonista A Camelia. Con exemplares únicos de especies botánicas como os xigantescos eucaliptos, as magnolias grandiflora, as criptomerias japónicas elegantes, os primeiros alcanfores de España, a magnífica Araucaria pertencente ao catálogo de árbores senlleiras de Galicia, os eucaliptos da pementa, o bosque de carballo americano, a carballeira e os alcornoques centenarios, fan da visita ao xardín do Pazo de Rubiáns unha experiencia única.

As borduras de boj centenario, o xardín francés co seu labirinto, o estanque das ras e moitos máis recunchos por descubrir. El Parque Botánico del Pazo de Rubianes es Jardín de Excelencia Internacional de la Camelia

A visita guiada por persoal da leira do Pazo de Rubiáns discorre polo xardín, polo viñedo máis extenso da comarca do Salnés con varios sistemas de condución e cunha zona didáctica para coñecer máis sobre o cultivo do albariño, o interior do Pazo onde poderán coñecer a arquitectura paciega de Galicia cos distinguidos salóns, comedor e biblioteca, a capela e para finalizar na adega do S. XVI onde o visitante degustará o Albariño do Pazo de Rubiáns acompañado do queixo ecolóxico elaborado pola familia na Casa Grande Xanceda.

As visitas realízanse previa cita e as modalidades son: Visitas guiadas para grupos de máis de 10 persoas: de luns a domingo en horario de 10:00 h a 19:00 h. Visitas guiadas para grupos reducidos e individuais: mércores ás 11:00 h e sabádos, domingos e féstivos ás 11:30 h. Visitas libres de luns a xoves de 9:00 h a 14:00 h en xullo e agosto, e de 9:00 a 18:00 en resto do ano.

Contacto


Comparte y valora


O Salnés a medida


Escanea este código e engade este recurso o teu mobil como un novo contacto.