Faga o mesmo traxecto que seguiron os restos do Apóstolo Santiago na súa viaxe a Compostela.
Faga o mesmo traxecto que seguiron os restos do Apóstolo Santiago na súa viaxe a Compostela. Navegue por unha paraxe natural de gran beleza. Descubra muíños, fontes, capelas e mosteiros. Camiñe a través de bosques, viñedos e praias. Percorra o único Via Crucis marítimo-fluvial do mundo, no que poderá contemplar os 17 cruceiros centenarios que identifican este Camiño de Santiago como a “Translatio”, a Orixe de Todos Os Camiños.
Esta “Variante Espiritual” une dous Camiños Xacobeos: o Camiño Portugués e a “Ruta do Mar”, A Orixe de Todos Os Camiños. No ano 44 despois de Cristo a Ría de Arousa foi surcada polo barco que transportaba o corpo de Santiago Apóstolo. Os seus restos foron trasladados polos seus discípulos, quen “conducido por un anxo e guiados por unha estrela arribaron ás costas de Galicia e subiron pola canle do río Ulla ata alcanzar Iria Flavia (actual vila de Padrón).
Tríptico variante espiritual
Leva a variante no teu peto, con este tríptico
Ruta da variante espiritual
Descárga a ruta da variante espiritual no teu móbil e non te perdas!
É necesario ter descargado e instalado Google Earth no teu dispositivo móbil
Credencial para mascotas
Cuando finalices tu camino, envíanos una copia de la credencial cubierta y te haremos llegar el Diploma certificado de la Variante Espiritual.
Email info@osalnes.com
98.2km
Media
3
N: 42º26’10.14”
O: 8º38’36.55”
ETAPAS
Atopa o teu camiño19,6 km. - Dificultade media
Tras cruzar a cidade de Pontevedra, seguindo o Camiño Portugués, a 2 Km atopamos un desvío á esquerda. Neste punto comeza a “VARIANTE ESPIRITUAL” que discorre a través de Poio e Combarro ata chegar ao Mosteiro de Armenteira, nun enclave rural moi tranquilo en plena montaña. Poderemos facer noite e descansar no albergue despois de percorrer 21 Km.
Cabe destacar que tras Combarro, e durante un tramo de 7km, a etapa aumenta a dificultade, polo que aconsellamos levar auga.
23,6 km. - Dificultade baixa
Desde Armenteira ata Pontearnelas o peregrino percorre “A Ruta da Pedra e da auga” que discorre por unha paraxe natural de gran beleza. Camiñando baixo a sombra das árbores atoparemos antigos muíños de auga que descansan a beira do río. Hortos e viñedos indícannos que nos aproximamos á ría de Arousa. Tras percorrer 24 Km alcanzamos as praias e a localidade de Vilanova.
Etapa en barco + 27 km. - Dificultade baixa
Realizaremos o traxecto entre Vilanova de Arousa e Pontecesures nunha embarcación para peregrinos (tamén se pode realizar a pé percorrendo 28 km de dificultade baixa). Sucaremos a Ría de Arousa e ascenderemos o río Ulla rememorando a viaxe que fixeron os restos do Apóstolo Santiago, A Translatio. ( aprox. 1.5 horas) Poderemos contemplar o cultivo do mexillón nas augas da nosa ría e percorreremos a único Vía Crucis marítimo-fluvial do mundo no que descubriremos 17 cruceiros centenarios que identifican este camiño de Santiago como a Orixe de Todos Os Camiños.
En Pontecesures retomamos o Camiño Portugués. Estes últimos 27 km a pé son de dificultade baixa e discorren por lugares tan emblemáticos como Iria Flavia e A Escravitude, ademais de atravesar por aldeas ata chegar a Santiago de Compostela.
Variante Espiritual
Spot de promoción da Variante Espiritual do Camiño Portugués