Castillo de Lobeira
A fortaleza construíuse na cota máis alta do Monte Lobeira.
Un emprazamento estratéxico desde o que se divisa unha excelente panorámica da comarca do Salnés; favorecido ademais pola orografía do terreo, cun único sector de acceso posible ao recinto.
VISTA XERALSufriu varias transformacións ao longo da historia. Desde a súa construción máis primitiva, denominada Castrum Luperiae, ata a relevante fortaleza na que se converteu na Idade Media.
VIDA NA FORTALEZAUn pequeno número de persoas facían vida permanente na fortaleza, o que supón a existencia de fogares e dormitorios.
A torre da homenaxe contaba con tres pisos de madeira, alcanzando unha considerable altura. A entrada á torre facíase accedendo por unha porta pequena e sobreelevada “por canto cabio un onbre e non máis” e á que se accedía mediante o emprego dunha escaleira.
EDIFICIOS ANEXOSDentro da fortaleza, existiron unha serie de dependencias tanto para aloxarse o Merino e as súas tropas como cortes.