
Tríptico variante espiritual
Leva a variante no teu peto, con este tríptico
Faga o mesmo traxecto que seguiron os restos do Apóstolo Santiago na súa viaxe a Compostela. Navegue por unha paraxe natural de gran beleza. Descubra muíños, fontes, capelas e mosteiros. Camiñe a través de bosques, viñedos e praias. Percorra o único Via Crucis marítimo-fluvial do mundo, no que poderá contemplar os 17 cruceiros centenarios que identifican este Camiño de Santiago como a "Translatio", a ORIXE DE TODOS OS CAMIÑOS.
Esta "Variante Espiritual" une dous Camiños Xacobeos: o Camiño Portugués e a "Ruta do Mar", a Orixe de todos os camiños. No ano 44 despois de Cristo a Ría de Arousa foi surcada polo barco que transportaba o corpo de Santiago Apóstolo. Os seus restos foron trasladados polos seus discípulos, quen "conducido por un anxo e guiados por unha estrela arribaron ás costas de Galicia e subiron pola canle do río Ulla ata alcanzar Iria Flavia (actual vila de Padrón).
Tras cruzar a cidade de Pontevedra, seguindo o Camiño Portugués, a 2 Km atopamos un desvío á esquerda. Neste punto comeza a "VARIANTE ESPIRITUAL" que discorre a través de Poio e Combarro ata chegar ao Mosteiro de Armenteira, nun enclave rural moi tranquilo en plena montaña. Poderemos facer noite e descansar no albergue despois de percorrer 21 Km.
Desde Armenteira ata Pontearnelas o peregrino percorre "A Ruta da Pedra e da auga" que discorre por unha paraxe natural de gran beleza. Camiñando baixo a sombra das árbores atoparemos antigos muíños de auga que descansan a beira do río. Hortos e viñedos indícannos que nos aproximamos á ría de Arousa. Tras percorrer 24 Km alcanzamos as praias e a localidade de Vilanova.
Realizaremos o traxecto entre Vilanova de Arousa e Pontecesures nunha embarcación para peregrinos (tamén se pode realizar a pé percorrendo 28 km de dificultade baixa). Sucaremos a Ría de Arousa e ascenderemos o río Ulla rememorando a viaxe que fixeron os restos do Apóstolo Santiago, A Translatio. (aprox. 1hora) Poderemos contemplar o cultivo do mexillón nas augas da nosa ría e percorreremos a único Vía Crucis marítimo-fluvial do mundo no que descubriremos 17 cruceiros centenarios que identifican este camiño de Santiago como a ORIXE DE TODOS Os CAMIÑOS. En Pontecesures retomamos o Camiño Portugués.
Pulsa sobre cada uno de los puntos de interés para ver una panorámica completa en 360º